Los Sims 4 de balde por tempo limitado

venres, 24 de maio do 2019 Marcus Fernández

Até o 28 de maio Electronic Arts está a ofrecer o xogo Los Sims 4 totalmente de balde a través da súa tenda dixital Origin, de xeito que usuarios de Mac e Windows poden gozar deste aclamado xogo no que crear fogares perfectos para persoas que desenvolverán relacións, carreiras profesionais e moitas toda unha vida na que poderemos influír e contemplar o impacto das nosas decisións.
A oferta inclúe o xogo básico de Los Sims 4, para o que están dispoñibles varias expansións e numerosos contidos adicionais, de xeito que os que espreman a fondo o xogo poderán amplialo pasando por caixa, aínda que durante estes días os lotes de contidos contarán cun desconto do 20%.

En Los Sims 4 podemos construír o fogar perfecto para os nosos personaxes

PUBLICIDADE