Love Cat Life introduce michiños na Nintendo DS

mércores, 29 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Love Cat Life inclúe distintos mini-xogos

A consola portátil Nintendo DS baseou o seu éxito en títulos coma Nintendogs, e Brain Toys quere aproveitar o atractivo das mascotas virtuais polo que anuncia o lanzamento de Love Cat Live, xogo que distribuirá Interchannel-Holon e que vén a ser unha especie de Nintencats, ou sexa, que substitúe os cadelos dun dos xogos máis populares da DS por michos.
Carátula do novo xogo para Nintendo DSO xogo permitirá elixir entre 40 gatiños diferentes, que se poderán coidar, vestir e mimar, podendo participar en distintos mini-xogos que ameniza o coidado dos felinos, que polo momento só estarán dispoñible no Xapón (agardándose unha comercialización global en breve).

PUBLICIDADE