LucasArts confirma que continúa a traballar nos novos xogos de Star Wars e Indiana Jones

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os rumores apuntaban a unha crise interna en LucasArts (que se está a saldar con recortes no cadro de persoal), pero a compañía vén de confirmar que os xogos en desenvolvemento que tiñan anunciado, coma un novo título de Indiana Jones (totalmente alleo ao de LEGO que saíu nos pasados días) e Star Wars: The Force Unleashed, seguen adiante.
O xogo de Indiana Jones leva anunciado dende 2006, pero parece que continuará a desenvolverse internamente. Fará uso do motor Euphoria, e podería devolver a gloria ao personaxe, que contou con moitos videoxogos mediocres na súa historia, cunhas poucas excepcións (coma Indiana Jones and the Fate of Atlantis).

PUBLICIDADE