Luces e sombras sobre a PS3
mércores, 4 de outubro do 2006
A xente da revista británica PSM3 puido probar en primeira persoa a nova consola de Sony, a PS3, pois non por nada son unha revista oficial dunha consola que aÃnda non se comercializa, e asà van creando certa expectación sobre a nova consola. AsÃ, nos últimos dÃas publicaron na Internet un vÃdeo de pouca calidade no que se vÃa cómo usaban a nova consola (e que foi retirado de YouTube a petición de Sony, aÃnda que quedan copias en circulación), asà como distintas imaxes de xente da redacción da revista empregando a nova consola con moita ilusión e difundindo na Internet as súas primeiras impresións.
Os mozos destacaron o pouco ruÃdo que xera a nova consola, o seu elevado peso, a súa aparencia reflectinte (comparable a un espello, o que poderÃa ser un imán para o po), a lixeireza e precisión do seu mando de xogo, o seu reducido tempo de carga e incluso o feito de que a interface de usuario da PS3 sexa moi semellante ó da PSP.

Está claro que a xente da revista PSM3 son entusiastas dos produtos de Sony, polo que parecen publica só as boas novas relativas á consola, o que contrasta coas declaracións do analista David Gibson, de Macquarie Equities, que informou de que as máis de 200 unidades da PS3 que se puideron ver durante o Tokyo Game Show tiñan erros de funcionamento e precisaban ser reiniciadas cada pouco tempo. Sony respondeu ás acusacións argumentando que as consolas estaban demasiado concentradas e coa calor xerada e a limitada ventilación é normal que se produzan erros de funcionamento (o que parece ser habitual neste tipo de eventos, independentemente dos fabricante dos dispositivos electrónicos) aÃnda que iso poderÃa indicar problemas de quecemento nas primeiras consolas en produción, o que fixo que o prezo das accións de Sony se resentisen no mercado bursátil, e é que parece que a calor é o meirande inimigo da historia de Sony.
Para rematar, amosamos aquà unha copia do vÃdeo publicado pola xente de PSM3 en YouTube:
