Lumines regresa cunha entrega inspirada en Tetris Effect
xoves, 5 de xuño do 2025
Dúas décadas despois do seu debut na PSP, a icónica serie Lumines regresa con forza baixo o tÃtulo Lumines Arise, un novo capÃtulo deseñado desde cero para levar a sinerxÃa entre música, efectos visuais e xogabilidade a un nivel sen precedentes. Estará dispoñible este outono para PlayStation 5, con compatibilidade opcional con PS VR2.
Desde o primeiro segundo, Lumines Arise aposta por converterse nunha experiencia sensorial total. Non se trata só dun xogo de crebacabezas: é unha viaxe emocional a través de máis de 30 escenarios que mesturan selvas, océanos cheos de vida, ruxidos urbanos e paisaxes cósmicas. Todo iso ao ritmo dunha banda sonora que busca provocar sinestesia: que vexas a música e escoites a luz.
A mecánica básica segue sendo familiar para os seguidores da franquÃa: bloques de 2×2 con dúas cores que se colocan para formar cadrados da mesma cor. A medida que a liña temporal avanza ao ritmo da música, borra os cadrados completos, obrigando o xogador a pensar e actuar con ritmo e estratexia. Pero esta entrega vai máis alá grazas á nova función Burst, que permite gardar un cadrado no taboleiro para maximizar as combinacións e sumar puntos masivos antes de que remate o tempo.
A resposta fÃsica tamén xoga un papel fundamental: o mando DualSense transmite vibracións que se sincronizan co son e co movemento na pantalla, contribuÃndo á sensación de fluxo onde todo o demais desaparece. A esta inmersión súmaselle a posibilidade de personalizar avatares, cun catálogo máis amplo ca nunca e en constante expansión.
A música, composta polo grupo Hydelic (responsable tamén da banda sonora premiada de Tetris Effect: Connected), é parte central da experiencia. Cada acción do xogador modifica a paisaxe sonora, convertendo cada partida nunha interpretación única.
Lumines Arise promete ser máis ca un xogo: é unha obra audiovisual pensada para emocionar. Unha demo está prevista para este verán, con opcións multixogador, anticipándose ao outono, cando está previsto que este xogo se faga realidade.
Tráiler de presentación do xogo
