Mañá darase conta da presentación da candidatura do .gal na Biblioteca de Galicia
luns, 28 de maio do 2012

- Manuel González, presidente da Asociación PuntoGal, xunto a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira
A
candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e
cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente
que goberna as direccións de Internet, pechará o prazo para remitir as
propostas o próximo dÃa 30 de maio, pero a Asociación PuntoGal xa completou
todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do
.gal .
Co gallo da
remisión da candidatura do PuntoGal, a Asociación
organiza unha presentación e unha mesa redonda o vindeiro martes, que será
inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia, Mar Pereira.
Nos relatorios participarán, entre outros, representantes da Fudació puntCAT
(que xestiona o .cat, o dominio da lingua e cultura catalás), a SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica, Consello da Cultura de Galicia, EGANET,
Asociación Galega de Editores e Código Cero.
O acto servirá tamén para explicar os prazos do exame da ICANN e a futuras
formas de rexistro do .gal .
O acto terá lugar o próximo martes 29 de maio no auditorio da Biblioteca
de Galicia en Santiago a partir das 12 horas. Os socios de PuntoGal ,
os representantes das organizacións que traballan coa lingua e as novas
tecnoloxÃas en Galicia e todos aqueles interesados en contribuÃr a espallar o
dominio para a lingua e a cultura galegas están convidados.
