Mango faise co primeiro novo dominio de Internet español
mércores, 19 de febreiro do 2014
- Dende hai uns dÃas é posible acceder á páxina web de Mango a través do dominio nic.mango
Tras un longo proceso para establecer o sistema para a
creación de novos dominios da Internet, ICANN estableceu un mecanismo para que
entidades e empresas puideran facerse cun dominio de primeiro nivel, e mestres
agardamos pola inminente activación dun dominio para a lingua e a cultura
galegas (o
contrato entre ICANN e a Asociación PuntoGal asinouse o pasado mes de novembro)
vemos como vai avanzando a listaxe de
novos dominios delegados, que chega xa aos 147 sufixos de Internet entre os
que a única presenza española é a da marca téxtil Mango, que conseguiu un
dominio de seu.
Polo momento descoñécese o que a marca española de moda pretende facer co
dominio .mango (polo momento, ao acceder a nic.mango accédese á súa tenda en
liña), pero non parece que o seu uso vaia ir máis aló da protección do nome da
súa marca.
A delegación dun dominio de primeiro nivel marca o inicio do seu funcionamento,
tras o que, na meirande parte dos casos, ábrese un proceso de rexistro para
poder contratar dominios de segundo nivel en distintas fases, de xeito que,
antes de permitirse o rexistro de dominios cun criterio de cola, establécese un
perÃodo para facilitar que os propietarios de marcas (ou outro tipo de
entidades) poidan asegurar os dominios que lles corresponderÃan lexitimamente.
Entre os dominios de primeiro nivel delegados figuran varios con caracteres
internacionalizados (o que supón un grande avance para paÃses que empregan
linguas con carácteres non latinos) e podemos ver xa sufixos como .futbol,
.tokyo, .tienda, .photo, .moda, .berlin, .viajes ou .guru, e esperamos que nas
vindeiras semanas poidamos ver outros dominios como o .eus e o .gal.