Marathon verá a luz o 5 de marzo

luns, 19 de xaneiro do 2026 Redacción

A recuperación do xogo Marathon de Bungie, lanzado orixinalmente hai máis de 30 anos, estaba a causar bastante expectación, pero tamén grande decepción entre os seareiros dun dos estudios de videoxogos máis notables, xa que este desenvolvemento parecía non estar a atinar co que buscaba o público, o que levou a que finalmente o título non vese a luz o pasado 23 de febreiro.
Bungie decidiu adiar o lanzamento de Marathon de xeito indefinido, para lanzalo cando realmente pensasen que estaba listo para satisfacer aos xogadores actuais, e finalmente parece que non haberá que agardar moito para gozar deste título en PC, PS5 e Xbox Series X|S, xa que se filtrou o seu novo tráiler, que remata anunciando a apertura das reservas do xogo e a súa data de lanzamento: o 5 de marzo.
O xogo chega nun momento complicado, xa que tivo que enfrontar críticas tras denunciarse que empregara ilustracións roubadas e coincidirá no tempo con outro xogo de extracción que está a ser un éxito rotundo (ARC Raiders), polo que resultará difícil que esteamos ante unha grande recuperación dunha marca que para a meirande parte dos xogadores é totalmente descoñecida (xa que a súa entrega orixinal está moi afastada no tempo).

ACTUALIZACIÓN: Tras a filtración, Bungie publicou o tráiler filtrado e abriu as reservas do xogo: