Mario Kart supera en vendas a GT5 Prologue no Reino Unido
martes, 15 de abril do 2008
- O divertido xogo de carreiras de Mario supera en vendas ao realista GT5 Prologue
O pasado venres púxose a venda en España o xogo Mario Kart para Nintendo Wii, polo que aínda
non coñecemos a resposta do público ante este novo título, pero todo apunta a
que será moi boa en toda Europa se atendemos aos datos de vendas no Reino
Unido, onde a semana pasada o novo título de Mario dominou as listaxes de
vendas superando a Gran Turismo 5
Prologue, polo que o
realismo do xogo de coches para PlayStation 3 non sería capaz de superar á
diversión en bruto de Mario Kart.
Tamén podemos destacar que dos 10 xogos máis vendidos no Reino Unido, 6
corresponden á Wii e 2 a
DS, colando a PS3 e a Xbox 360 só un xogo cada unha.
En España só temos polo momento os resultados de vendas do mes
pasado, polo que o Gran Turismo 5
Prologue lidera as vendas seguido
curiosamente polo Pro Evolution Soccer
2008 para PSP (que sorprende pois a consola portátil de Sony ten problemas
para acadar boas vendas) e Mario &
Sonic en los Juegos Olímpicos para DS, consola que ten 2 xogos máis no Top
10, polo que sería a plataforma líder en España. Podemos destacar que FIFA 08 para PS2 está na 4ª posición de
marzo, confirmando que a PlayStation 2 se resiste a deixar o mercado español,
mentres que a Wii aínda ten pouca presenza (con só 2 xogos na listaxe, o que
podería estar debido ás poucas unidades da consolas de Nintendo postas á venda
dentro das nosas fronteiras). Por último, indicar que tamén resultou destacable
que un xogo para PC fose o 8º máis vendido en marzo (Los Sims 2 y sus hobbies).