Mark Cerny adiante detalles da consola sucesora da PlayStation 4
martes, 16 de abril do 2019

- Cerny asegura que a futura consola manterá a compatibilidade cos cascos de PlayStation VR
Dado que este ano Sony non acudirá oficialmente á feira de
videoxogos E3, descoñécese cando dará detalles sobre a súa vindeira xeración de
consolas de xeito oficial, pero dende Wired
xa achegan detalles da man de Mark Cerny, un dos máximos responsables da
que que será a consola sucesora da PlayStation 4.
AÃnda que a PS4 xa contou cunha actualización no medio da súa xeración (a PS4
Pro), Cerny asegura que a vindeira consola si suporá un grande cambio, polo que
poderÃa responder ao nome de PlayStation 5, pero tamén insiste en que non verá
a luz no presente ano. Recoñece que xa hai varios estudios de videoxogos
traballando cos kits de desenvolvemento da nova máquina, para que os creadores
de videoxogos teñan tempo para ir adaptando os seus produtos ao que está por
chegar.
A nova consola suporá un importante salto de capacidade e velocidade na CPU e
na GPU, de xeito que teriamos unha nova CPU de AMD baseada en procesadores
Ryzen, que contarán con 8 núcleos e estarán fabricados cunha microarquitectura
Zen 2 de 7 nanómetros. A GPU, pola súa banda, serÃa unha variante da familia
Navi, con soporte para ray tracing,
de xeito que presentará uns contornos tridimensionais moito máis realistas.
Cerny menciona que o procesador de AMD tamén incluirá unha unidade para audio
en 3D, ou sexa, que a nova xeración de consolas poderÃa experimentar unha clara
mellora na experiencia sonora que apenas mudara entre PS3 e PS4.
Un detalle bastante curioso mencionado por Cerny é que a PlayStation 5 serÃa
compatible cos cascos de realidade virtual PlayStation VR, ou sexa, que aÃnda
que queren tranquilizar aos presentes compradores dándolles a entender que o
seu investimento nun casco de VR poderá amortizarse a longo prazo.
Aparte de mellorar en procesadores e memoria, parece que por fin a PS5 abrirÃa
a porta a unidades SSD, dicindo adeus ás lentas unidades de disco duro, que son
un dos factores que máis afectan aos tempos de carga nos videoxogos actuais,
supoñendo todo un pescozo de botella.
Mark Cerny chega a asegurar que a futura consola será capaz de mover gráficos
en 8K, aÃnda que non parece que vaia ser un factor moi importante polo momento,
xa que o 4K aÃnda non se impuxo como norma, e non está nada claro que o 8K vaia
ter pulo dabondo no mercado da electrónica de consumo (principalmente ante a falta
de contidos que poidan aproveitar unha resolución tan elevada).
