Mark Cuban advirte da ameaza de YouTube para os dereitos de copia
venres, 13 de outubro do 2006
Mark Cuban, o multimillonario norteamericano máis coñecido por ser o dono do equipo de baloncesto Dallas Maverick que polos seus investimentos en empresas tecnolóxicas que lle valeron a súa fortuna, acadou certa repercusión mediática comentar nos pasados dÃas que habÃa que ser parvo para mercar YouTube, pois consideraba que a compañÃa tiña imposible acadar un retorno do investimento preciso para ter operativo o servizo e estimaba que terÃa moitos problemas cos posuidores do copyright do material publicado na popular web de vÃdeos (xa que a meirande parte dos contidos poderÃan considerarse roubados).
A sinceridade de Cuban foi moi criticada, e tralo anuncio da compra de YouTube por parte de Google, non foron poucos os que insinuaban que o parvo era Cuban, xa que dan por bo todo que fai Google (compañÃa que, en cambio, coida moito máis a procedencia dos seus contidos en Google Video do que fai YouTube, para evitar problemas de copyright) e o multimillonario decidiu continuar a defensa da súa postura chegando a afirmar que os servizos coma YouTube supoñen unha ameaza para os sistemas DRM (ou de protección contra copias).
Cuban comenta que os contidos de YouTube carecen de proteccións, polo que os usuarios poden descargalos sen lÃmite, e incluso convertelos a outros formatos, creando asà material para consumo doméstico que resulta virtualmente de balde para o usuarios, que non se limitarÃa só o vÃdeo, xa que incluso se pode extraer o son dos clips para ter música gratuÃta.
Podemos asegurar asà que YouTube non poderÃa ter problemas legais só coas produtoras cinematográficas, senón que as propias discográficas poderÃan ver con malos ollos que o seu material se poida achegar de balde da Internet e, de non protexerse contra estas prácticas, estarÃan a abrir os seus contidos á Rede, perigando os seus modelos de negocio actuais.
Os argumentos de Cuban, pese a que moitos os consideren unha excentricidade, non deixan de ser válidos, e deberÃan chamar á reflexión sobre os cambios que se están a producir no consumo audiovisual na Internet.
