Marvel’s Spider-Man 2 supera os 2,5 millóns de copias vendidas
luns, 23 de outubro do 2023
Que Marvel’s
Spider-Man 2 é unha das grandes apostas de Sony para a segunda metade
do ano non é ningún segredo e, de feito, a compañÃa nipoa quere aproveitar o
xogo para impulsar as vendas da PlayStation 5 na campaña de Nadal, e esta
aposta parece que está a saÃr ben, pois veñen de confirmar que Marvel’s
Spider-Man 2 vendeu máis de 2,5 millóns de
copias nas primeiras 24 horas, converténdose no mellor
lanzamento na historia de PlayStation Studios.
Spider-Man 2 é realmente o terceiro xogo de Insomniac Games do
trepamuros de Marvel, que unha vez máis tira proveito de xeito magnÃfico das
caracterÃsticas técnicas da PlayStation 5, como son os seus asombrosos tempos
de carga e o seu mando háptico, de xeito que temos unha produción que pode
presumir dun elevado nivel técnico, aÃnda que a moitos xogadores os atrapará basicamente
polas aventuras de Peter Parker e Miles Morales.
Queda agora por confirmar se nos vindeiros meses o xogo recibirá unha expansión
que amplÃe a súa historia, ou se optarán a continuar as aventuras nun xogo á
venda por separado como fixeron con Marvel’s Spider-Man: Miles Morales.