Marvel vs. Capcom: Infinite sairá á venda o 19 de setembro para PS4, Xbox One e PC
martes, 25 de abril do 2017
Ao
remate do pasado ano Capcom sorprendeu anunciando o xogo Marvel vs. Capcom: Infinite, a primeira entrega da franquÃa de
loita que mestura os universos de ficción da Marvel e de Capcom que deixaba as
2D (mantendo as súas mecánicas de xogo) pasando
a empregar o motor de gráficos tridimensionais Unreal Engine 4, e
finalmente xa temos a
data de lanzamento deste tÃtulo, que será o 19 de setembro.
O xogo contará con modo historia, arcade, adestramento e misión, con opcións
para varios xogadores e presentando unha historia bastante surrealista na que a
colisión entre os universos de Capcom e Marvel non só enfronta aos personaxes
de ambos mundos, senón que tamén provoca a fusión dos malvados androides máis
perigosos de ambos universos dando lugar a Ultrón Sigma, o grande inimigo a bater.
Para dar conta deste argumento Capcom vén de estrear un tráiler do xogo, á vez
que aproveitan a ocasión para confirmar no cadro de loitadores a 8 personaxes
máis: Ultrón, Hulk, Thor, Ojo de Halcón,
Mapache Cohete, Chun-Li, Strider
Hiryu e Chris Redfield.
Hoxe ábrense tamén a reservas do xogo en varias edicións: unha edición estándar,
outra de luxo (con acceso aos primeiros 6 xogos que se incorporarán a Marvel vs. Capcom: Infinite tras o seu
lanzamento) e unha edición para coleccionistas (que incluirá catro dioramas e
unhas Xemas do Infinito iluminadas con LED).
- A edición para coleccionistas do xogo incluirá 4 figuras e as Xemas do Infinito
Novo tráiler de Marvel vs. Capcom: Infinite