Masacre estrea xogo de realidad virtual para Meta Quest
martes, 18 de novembro do 2025
A espera rematou para os seareiros de Masacre, xa que o mercenario bocalán estrea o xogo Marvel’s Deadpool VR para Meta Quest 3 e 3S, e faino cunha aposta que mestura acción frenética, humor irreverente e un nivel de caos que só podÃa crear o célebre personaxe da Casa das Ideas. A voz corre a cargo de Neil Patrick Harris, mentres que o estudio Twisted Pixel, en colaboración coa división de xogos de Marvel, constrúe unha aventura pensada claramente para adultos e que leva a realidade virtual a un terreo tan gore como divertido.
A historia arrinca cando Mojo, interpretado por John Leguizamo, lle ofrece a Masacre un contrato tan lucrativo como enganoso. Seducido polos cartos e polo brillo dunha posible carreira como estrela do streaming interdimensional, Masacre acepta sen ler a letra pequena. A partir de aÃ, comeza unha viaxe por escenarios como o Helitransporte de S.H.I.E.L.D. ou o planeta Xandar, con encargos que inclúen cazar viláns icónicos —e outros non tanto— do universo Marvel.
O combate é un dos puntos fortes do tÃtulo, cunha liberdade creativa que permite tanto empregar espadas ou pistolas como optar por solucións absurdas, desde golpear inimigos cun brazo arrincado ata usar armas especiais como Mo-jolnir, sempre que o espectáculo sexa do gusto do Mojoverso. A medida que se logra impresionar á audiencia, desbloqueanse novas posibilidades e unha banda sonora cargada de temas con licenza. Coincidindo co lanzamento, tamén sae o sinxelo Deadpool da banda sonora oficial, composta por Christopher Young e Gil Young, mentres que o álbum completo chegará ás plataformas dixitais o 12 de decembro.
Pensado en exclusiva para Meta Quest 3 e 3S, Marvel’s Deadpool VR tira a fondo do hardware e das posibilidades inmersivas da plataforma, ofrecendo situacións tan delirantes como estampar un Jeep contra un helicóptero, golpear unha granada ou empregar as cartas explosivas dun coñecido mutante. A acción é constante, salvaxe e chea de ocorrencias que encaixan á perfección co ton do personaxe.
O xogo está á venda por 45,99 euros e preséntase como unha homenaxe creada expresamente para realidade virtual.
