Masacre terá videoxogos de realidade virtual este mesmo ano
venres, 6 de xuño do 2025
Meta anunciou no Summer Game Fest 2025 o lanzamento de Marvel’s Deadpool VR, un novo videoxogo de realidade virtual protagonizado polo irreverente mercenario bocalán. O tÃtulo, desenvolvido por Twisted Pixel e Oculus Studios en colaboración con Marvel Games, será exclusivo para Meta Quest 3 e 3S e verá a luz antes de que remate o ano.
A proposta mergulla os xogadores nunha historia orixinal que leva a Masacre ata Mojoworld, onde acepta sen ler un contrato sospeitoso coa esperanza de facerse millonario. A partir de aÃ, a aventura levarao por distintos escenarios do universo Marvel, enfrontándose a viláns icónicos e outros menos coñecidos, nunha viaxe chea de humor, acción salvaxe e referencias metanarrativas.
O estudo Twisted Pixel traballou durante anos para trasladar á realidade virtual o estilo de loita e acrobacias propio do personaxe, tomando como base a experiencia adquirida en tÃtulos como Path of the Warrior. A xogabilidade permitirá levar a cabo accións tan absurdas como brutais: desde golpear inimigos mentres se manipulan explosivos ata lanzar membros amputados ou empurrar caras contra hélices en funcionamento.
A voz de Masacre estará a cargo do actor Neil Patrick Harris (Un médico precoz, Starship Troopers, Cómo conocà a vuestra madre), quen aportará o seu carisma ao carismático personaxe da Marvel.
Tráiler do xogo de realidade virtual de Masacre