Maths Training para Nintendo DS mellorará as nosas capacidades de cálculo

luns, 7 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Nintendo anunciou que para o 8 de febreiro lanzará un novo xogo para a súa consola portátil, o Professor Kageyama’s Maths Training, que seguirá a estela de Brain Training, English Training e Training For Your Eyes, coidando nesta ocasión a capacidade de cálculo do usuario grazas a un método de adestramento desenvolvido polos profesor nipón Kageyama Hidea.
O xogo inclúe 100 problemas de matemáticas distribuídos nunha grella de 10x10, moi variados e de avance progresivo, de xeito que se pasa de simples operacións matemáticas dun único díxito a operacións máis complexas con retos de 3 díxitos.
Os usuarios verán como as súas habilidades se premian con medallas virtuais de ouro, prata e bronce, en vez do sistema de idade mental do Brain Training.

PUBLICIDADE