MediEvil estrea remake para PS4
venres, 25 de outubro do 2019
En 1998 chegou á primeira PlayStation o xogo MediEvil,
converténdose nun dos tÃtulos máis icónicos da consola de Sony, de xeito que o
seu protagonista era case unha mascota da compañÃa, aparecendo en numerosas
campañas promocionais, e agora, este hack and slash renóvase, e estrea
versión para PlayStation 4.
Este novo remake de MediEvil combina as mecánicas clásicas con
gráficos en ultra alta definición, permitindo meternos nos osos de Sir Daniel
Fortesque, un cabaleiro algo zoupón resucitado por accidente polo seu inimigo,
o malvado feiticeiro Zarok, a quen terá que enfrontarse para salvar o reino de
Gallowmere e converterse nun auténtico heroe.
Cómpre salientar que o xogo chega dobrado ao español, e conservando as voces e
interpretacións do xogo orixinal, reforzando a nostalxia que é o principal reclamo
deste remake que pouco ten que aportar aparte de permitirnos recuperar
un clásico nunha máquina moderna.
Tráiler de lanzamento de MediEvil