Megavideo quere imporse coma alternativa a YouTube
mércores, 8 de agosto do 2007
Os responsables de Megaupload soben
o tren do vÃdeo na Rede e queren
facerse cos usuarios de YouTube para o seu servizo Megavideo, que se promociona mediante 10 razóns polas que é mellor
que o sistema de vÃdeos de Google:
- paga ós usuarios polos seus vÃdeo e contan cun exclusivo programa de premios
- os usuarios poden facerse integramente coas comisións por publicidade
- a web está adaptada a 20 idiomas
- permite personalizar o aspecto do reprodutor de vÃdeos integrable en blogs e webs
- non limita a duración dos vÃdeos
- converte rapidamente os vÃdeos remitidos (sempre en menos de 30 minutos)
- carga de arquivos por lotes mediante unha aplicación informática ou unha barra de ferramentas
- posibilidade de descargar os vÃdeos no seu formato orixinal (só usuarios Premium)
Rematan as súas razóns asegurando que dende Megavideo queren máis ós seus
usuarios.
O servizo apenas presenta novidades reais con respecto a outras plataformas
semellantes, destacando que teña funcionalidade de pago e que achegue sistema
de acadar beneficios publicando vÃdeos na Internet.
VÃdeo coas expossicións de razóns polas que Megavideo serÃa mellor que YouTube
