¿Mercar un ordenador portátil para xogar?
mércores, 18 de xullo do 2007
Charlie Demerjian denuncia dende The Inquirer que
os ordenadores portátiles non son axeitados para xogar e asegura que os equipos
que se venden optimizados para tal uso son de
broma.
AsÃ, Demerjian asegura que a portabilidade e o alto rendemento son prestacións
contrapostas, polo que non podemos agardar que un ordenador portátil conte coa
potencia dun equipo de sobremesa. Incluso enumera os principais problemas que
presentan os portátiles supostamente deseñados
para xogar: son caros, o seu hardware é propietario (o que impide a súa
reparación e actualización), os seus procesadores son lentos (para menor
consumo), os seus buses de comunicación son lentos, a súa memoria é lenta, os
seus discos duros son lentos, os fabricantes de tarxetas gráficas menten sobre
as capacidades dos seus chips para portátiles (normalmente utilizan a mesma
numeración para rendementos totalmente distintos), pesan máis que outros portátiles
(polo que compara a súa mobilidade coa dunha guÃa telefónica), a resposta dos
seus teclados e ratos son mellorables e inclúen moitos elementos caros que non
se empregan na práctica.
Ante esta cantidade de defectos parece incrible que os fabricantes sexan
capaces de vender enormes portátiles pensados para os afeccionados ós
videoxogos, pois o seu uso desconectado da corrente eléctrica resulta efémero
(o elevado consumo reduce considerablemente a súa autonomÃa) e para empregalo
coma un ordenador de sobremesa resulta moi caro. Incluso mercar un portátil por
motivos de imaxe serÃa algo que estes equipos non cubrirÃan, xa que hoxe en dÃa
resultan máis rechamantes os ordenador que coidan a súa portabilidade (grande
autonomÃa, deseño delgado, pouca emisión de calor...).
Pero se miramos compoñente a compoñente teremos que os portátiles poden
converterse en todo un inferno para os xogadores intensivos, pois a substitución
de pezas ante avarÃas pode ser dificultoso (ou imposible), a actualización da
tarxeta gráfica por outra superior ó cabo do tempo é unha utopÃa, e a ampliación
de memoria ou disco duro resulta normalmente cara e normalmente non permite
aproveitar os compoñentes vellos.
Incluso elementos que se podÃan ver como unha boa prestación, como pode ser
unha pantalla de 17 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles (ou
sexa, con soporte de FullHD) pode ser todo un pesadelo, pois esas resolucións
nun tamaño tan pequeno poden facer
que os textos en pantalla sexan demasiado reducidos e, polo tanto, ilexibles.
Que queira ter un ordenador para xogar, e que ocupen pouco espazo, deberÃa asÃ
pensar moito a súa compra e, antes de pagar por un portátil máis do dobre do
que custarÃa se non estivese deseñado para xogar, serÃa recomendable estudar a
alternativa de mercar incluso un equipo sobremesa nunha carcasa microATX (de tamaño
moi reducido) pois, as súas prestacións serÃan moito máis atinadas para o uso
final do equipo.
