Meta Quest achega mesas de pinball ao noso fogar
xoves, 3 de abril do 2025
Zen Studios leva anos trasladando a experiencia das máquinas de pinball a ordenadores e consolas de videoxogos a través da súa franquÃa Pinball FX, que tamén está presente en visores de realidade virtual como no caso de Star Wars Pinball VR.
Agora Zen Studios revoluciona a súa oferta en visores de VR e xogo de referencia que tiña dispoñible ata o momento muda de nome a Pinball VR Classic para evitar a confusión co novo Pinball FX VR, que supón unha grande actualización fronte ás entregas anteriores, ofrecendo novas mesas de pinball (inclúe de xeito predeterminado Sky Pirates: Treasures of the Clouds, Pinball Noir e Curse of the Mummy, pero poden adquirirse mesas como as inspiradas en Indiana Jones, Xena, Battlestar Galactica ou El Coche Fantástico) que por primeira vez podemos xogar tirando proveito das posibilidade de realidade mixta de Meta Quest 3 e 3S.
Deste xeito podemos achegar as mesas de pinball ao noso domicilio, para xogar con elas como se as tivésemos na casa, convertendo en realidade un soño para moitos.
Pinball FX VR sae á venda a un prezo de 9,99 euros coas tres mesas mencionadas, e as mesas adicionais poden adquirirse en lotes descargables que custan 8,99 ou 13,99 euros (en función da súa relevancia).
Tráiler de lanzamento de Pinball FX VR
