Metal Gear Online estreará versión de proba a vindeira semana

venres, 11 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados ao Metal Gear Solid poderán contar cunha versión en liña a partir do vindeiro 12 de xuño, pero os máis impacientes poderán descargar de balde a través da PlayStation Store unha versión de proba do Metal Gear Online dende o 17 de abril e ata o 6 de maio.
Esta versión de adianto permitirá percorrer 2 mapas, empregar 4 modalidades de xogo, agrupar ata 16 xogadores nun mesmo equipo e permitindo, en definitiva, botar unha primeira ollada a este xogo para PlayStation 3 que promete ser un dos grandes éxitos do ano.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE