Metal Gear Solid 4 supera o millón de copias en Europa
mércores, 25 de xuño do 2008O Metal Gear Solid 4 acadou uns grandes
resultados no Xapón, pero en Europa tampouco quedou atrás, xa que finalmente superou o millón de unidades
vendidas, o que é unha cantidade máis que notable se temos en conta
que só está dispoñible para PlayStation 3.
Konami tamén asegurou que a edición limitada de 25.000 unidades, e que incluÃa
un Making Of en Blu-ray e un boneco
de Snake se vendeu case ao momento de chegar aos estantes das tendas.
O creador da saga, Hideo Kojima, asegurou en numerosas ocasións que con este
tÃtulo rematarÃan as aventuras de Solid Snake, pero non faltan os rumores que
apuntan a que o éxito de vendas poderÃa levar á aparición doutros tÃtulos
ambientados no mesmo universo (dando o protagonismo a personaxes secundarios da
saga), aÃnda que da man doutros responsables.