Metal Slug 3 figura entre os Xogos con Gold de marzo
martes, 23 de febreiro do 2021
A relación de Xogos
con Gold de marzo xa se coñece, e parece confirmar unha vez máis o
desinterese de Microsoft por reforzar estes xogos que entrega aos seus
subscritores mensualmente para destinar máis esforzos no Game Pass.
O primeiro xogo para Xbox One que chega en marzo é Warface:
Breakout, un xogo táctico en liña en primeira persoa que entre os dÃas
8 e 22 de marzo contará cun evento no modo de combate a morte por equipos; e
estará acompañado a partir do dÃa 16 por Vicious
Attack Llama Apocalypse, un shooter cooperativo de 1 a 4
xogadores que conta coa función Xbox Play Anywhere (ou sexa, que tamén pode
xogarse en PC).
Máis curiosos son os xogos retrocompatibles de Xbox 360, que comezan por Metal Slug 3,
un clásico das recreativas que forma parte dunha serie de shot’em up de
desprazamento lateral que fixo historia en Neo-Geo; e a partir do 16 de marzo
seguirao Port Royale
3, un simulador de estratexia ambientado no Caribe no século XVII, onde
haberá que desenvolver unha empresa comercial de éxito, para o que non faltarán
espectaculares batallas navais.