Metallica chega a Beat Saber
mércores, 11 de decembro do 2024
O xogo de realidade virtual Beat Saber leva anos enriquecendo o seu catálogo musical, e esta semana incorpora un lote de cancións dunha formación que sorprende que non estivese presente antes: Metallica.
O lote musical de Metallica para Beat Saber está dispoñible para dispositivos Meta Quest, para Steam VR e para PlayStation VR a un prezo de 19,99 euros (coa posibilidade de mercar as cancións soltas a 1,99 euros cada unha), contando cos seus respectivos contornos temáticos inspirados no estilo da banda.
As cancións de Metallica que pasar a estar dispoñibles en Beat Saber son Atlas, Rise!, Battery, Blackened, Creeping Death, Enter Sandman, Fade to Black, For Whom the Bell Tolls, Fuel, Hit the Lights, King Nothing, Lux Æterna, Master of Puppets, Nothing Else Matters, One, Sad But True, Seek & Destroy e The Unforgiven, ou sexa, 17 cancións que suman 1 hora e 41 minutos de xogo, e que na súa compra conxunta supoñen un aforro dun 41% (aÃnda que moitos xogadores preferirán limitar a súa compra a grandes éxitos como Enter Sandman e Nothing Else Matters).
VÃdeo promocional do lote musical de Metallica para Beat Saber