Meupradolongo.com: nova web participativa sobre a película galega do momento

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

O venres 14 de marzo estreouse Pradolongo en Valdeorras, a pasada semana en Ourense e o vindeiro venres en Vigo, polo que a película protagonizada por Rubén Ríos, Tamara Canosa e Roberto Porto está a ter éxito por toda Galicia (con cheo en tódalas sesións) o que levou aos seus responsables a trasladar o fenómeno cinematográfico á Rede, a través dunha nova páxina web participativa que pretende servir para que os espectadores poidan opinar sobre o filme galego.
A mesma web servirá como plataforma para o concurso Merenda Pradolongo, para o que se organizará unha viaxe aos lugares da rodaxe en compañía dos actores, e na que participarán os usuarios que suban vídeos coas súas reaccións á película da produtora viguesa Vía Láctea Filmes.

PUBLICIDADE