Microsoft adquire 2 novos estudios de videoxogos e anuncia rebaixas da Xbox no Black Friday
luns, 12 de novembro do 2018
A pasada fin de semana Microsoft celebrou na
cidade de México un evento chamado
X018 para anunciar novidades para Xbox antes máis de 10.000 seareiros da
consola. Os presentes puideron ver detalles de vindeiros lanzamentos como Crackdown 3 ou novos contidos para tÃtulos
como Just Cause 4, Sea of Thieves, State of Decay 2 e moitos outros. Tamén confirmaron que o Xbox Game
Pass pasa a incluÃr o xogo PLAYERUNKNOWN’S
BATTLEGROUNDS, o que é un bo incentivo para contratar este programa de
subscrición que facilita o acceso a un cento de xogos combinando tÃtulos de
fondo de catálogo cos últimos lanzamentos dos estudios de Microsoft.
Dous novos estudios
Sobre os estudios de Microsoft aproveitouse o
evento para dar conta da adquisición
de dous estudios bastante importantes, como son Obsidian Entertainment e inXile
Entertainment, con ampla experiencia en xogos de rol. Lembremos, por
exemplo, que Obsidian estivo detrás de Star
Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lord, de Fallout: New Vegas ou dos últimos xogos
de South Park; mentres que inXile ten
no seu catálogo obras como Wasteland 2
e Bard’s Tale IV, tendo previsto
lanzar proximamente Wasteland 3.
Vindeiras rebaixas
Aparte de moitos outros anuncios relativos a
xogos, para moitos o máis interesante foi saber que de cara
ao Black Friday preparan importantes descontos, sendo o máis salientable de
todos que a
Xbox One X poderá adquirirse por 399,99 euros, o que supón un aforro de 100
euros fronte ao seu prezo habitual.
Outras rebaixas que estarán vixentes entre os dÃas 22 e 30 de novembro serán de
ata o 35% en Forza Horizon 4, State of Decay
2, PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS, Sea of Thieves, Super Lucky’s Tale,
Disneyland Adventures, Rush: A Disney Pixar Adventure e Zoo Tyconn: Ultimate Animal Collection,
mentres que para Forza Motorsport 7
os descontos poden chegar ata o 50%.
