Microsoft anuncia que xa vendeu 17,7 millóns de Xbox 360

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que dende algunhas webs estiman que o número de unidades da consola Xbox 360 vendidas non chega ós 13 millóns, Microsoft anunciou que a súa consola de alta definición chegou ós 17,7 millóns, superando o seu obxectivo de 17,5 millóns para marzo de 2008.
Microsoft anunciara en xaneiro de 2007 que xa contaba cunha base de 10,4 millóns de consolas de nova xeración, polo que as vendas durante o pasado ano chegarían ós 7,3 millóns de unidades, o que supón un descenso das vendas de preto do 18% con respecto ó ano anterior.
Sobre os xogos de máis éxito para a Xbox 360 quedou claro o trunfo de Halo 3, que con 8,1 millóns de copias dende o seu lanzamento en setembro superou sobradamente a outro éxito coma Mass Effect, que nas súas 6 primeiras semanas á venda chegous ós 1,6 millóns de copias.