Microsoft aposta polos xogos RPG para mellorar as vendas da Xbox 360 no Xapón

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do agardado <em>Infinite Undiscovery</em>Microsoft organizou un evento no Xapón para dar a coñecer o que serán os novos xogos RPG para a Xbox 360, de xeito que a consola de Microsoft podería comezar a mellorar a súa aceptación no mercado asiático.
No evento Square Enix (creador dos populares Final Fantasy) adiantou que o seu xogo Infinite Undiscovery será exclusivo para Xbox 360 e chegará a Europa o 5 de setembro, mentres que The Last Remnant chegará no inverno á Xbox 360 (e máis tarde para PS3) lanzándose simultaneamente en todo o mundo. Tamén anunciaron que o xogo Star Ocean 4 se chamará oficialmente Star Ocean 4: The Last Hope e aínda que se agardaba que sería exclusivo para PS3, finalmente tamén sairá en 2009 para Xbox 360, polo que os seguidores deste tipo de títulos que teñan a consola de Microsoft poden estar contentos.
Microsoft pola súa banda deu a coñecer que Fable 2 chegará antes de rematar o ano ao Xapón (onde tamén se venderá Mass Effect) e Namco Bandai adiantou que o xogo exclusivo para Xbox 360, Tales of Vesperia, o terán os nipóns o 7 de agosto, aínda que en Europa teremos que agardar a 2009 para mercalo (podendo ver un adianto en Xbox Live dende o 7 de agosto a través dunha demo).


Novo trailer de The Last Remnan

PUBLICIDADE