Microsoft estrea un buscador baseado en Silverlight

xoves, 23 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Para probar a potencialidade de Silverlight, o engadido para os navegadores de Internet baixo os sistemas operativos Windows e Mac OS X que pretende competir co Flash de Adobe, Microsoft lanzou un curioso buscador web, Tafiti (palabra que significa investigar en swahili), que aproveita toda unha interface interactiva para amosar os nosos resultados de busca de páxinas web, novas, fluxos RSS, imaxes e libros organizados en follas que podemos ir acumulando e anotando de xeito que acadamos unha especie de caderno de recortes coa información procurada que se ben non é algo que vaia a supor unha alternativa de peso a Google (aínda que pode resultar útil en moitas ocasións), serve de exemplo do tipo de aplicacións web que nos poderá achegar a nova tecnoloxía de Microsoft.