Microsoft incha peito no E3 fornecendo o futuro de Xbox
luns, 11 de xuño do 2018
A actual xeración de consolas de videoxogos está a ser menos
competitiva do que serÃa de esperar, pois unha serie de malas decisións no
lanzamento da Xbox One fixo que Microsoft non conseguise manter o pulo da súa
Xbox 360, deixando que a PlayStation 4 dominase amplamente o mercado das
grandes consolas domésticas, pese a que a compañÃa de Redmond teña actualmente
o mellor hardware e os mellores servizos.
A grande eiva de Microsoft semella ser a carencia de grandes xogos exclusivos,
algo que Sony coida especialmente grazas a ter moitos estudios de seu, e
durante a presentación da pasada noite semella que as posicións vai achegarse,
e por fin Microsoft pode inspirar confianza aos xogadores, xa que está a
fornecer a súa propostas con melloras nos servizos e a adquisición de novos
estudios que garantirán un futuro prometedor para a plataforma Xbox coa vista
posta na vindeira xeración de consolas (aÃnda que a actual xeración tamén
verase moi beneficiada).
A presentación de Xbox no E3 foi a máis grande de toda a historia de Microsoft,
con máis de 6.000 asistentes no Microsoft Theater que puideron ver
presentacións de 52 xogos, 15 lanzamentos exclusivos e 15 primicias mundiais.
Tivemos asà grandes exclusivos como Forza
Horizon 4, Halo Infinite e Gears of War 5, xogos independentes como
Session, Below, Ashen e Tunic, grandes producións como Fallout 76, Tom Clancy’s The Division 2, Kingdom
Hearts 3, Devil May Cry 5, Battlefield V, Metro Exodus e Shadow of the
Tomb Raider, que en moitos casos tirarán proveito da potencia da Xbox One X
(actualmente hai máis de 220 tÃtulos mellorados para esta máquina).
VÃdeo promocional no que podemos ver as melloras gráficas que teñen numerosos xogos para Xbox One X
Fortes investimentos en contidos exclusivos
Para fornecer o catálogo de exclusivos para Xbox e Windows
10, Microsoft anunciou a compra de 5 estudios de videoxogos que pasarán a
formar parte da familia de Microsoft Studios: The Initiative (novo selo encabezado
por Darrel Gallagher, que vén de dirixir os novos xogos de Tomb Raider), PlayGround Games (responsables de xogos de condución
como Forza Horizon 4), Ninja Theory
(que colleitou ultimamente grandes éxitos con Hellblade: Senua’s Sacrifice), Undead Labs (responsables da
franquÃa State of Decay) e Compulsion
Games (creadores do emblemático Contrast
e do esperado We Happy Few).
Estas compras garantirán que moitos xogos sexan exclusivos para plataformas de
Microsoft, permitindo asà competir en igualdade con PlayStation, aÃnda que
probablemente tardaremos un par de anos en ver os froitos destas adquisicións.
Tráiler de We Happy Few, xogo de Compulsion Games, estudio que vén de adquirir Microsoft
Xbox Game Pass
O revolucionario servizo de subscrición de xogos de
Microsoft para consolas, Xbox Game Pass, recibirá novos xogos no seu catálogo,
como Fallout 4, The Elder’s Scrolls Online: Tamriel e The Division, asà como os grandes xogos de Microsoft que chegarán nos
vindeiros meses, como Forza Horizon 4,
Crackdown 3, Gear 5 e Halo: The Master Chief
Collection.
Tamén anticiparon que están a traballar nun servizo de streaming de videoxogos, que achegarÃa o acceso a xogos con calidade de consola a case calquera
trebello.
Gears 5 é un dos xogos que recibirán os subscritores de Xbox Game Pass no seu dÃa de lanzamento
FastStart (Xbox One)
Con FastStart acelerarase enormemente o comezo das partidas tras o comezo da descarga dos xogos que empreguen esta tecnoloxÃa que permite comezar a xogar cando só se descargou unha fracción dun xogo (manténdose a descarga en segundo plano). Trátase dun sistema que prioriza a descarga dos ficheiros os que se fará uso antes, para non eternizar os comezos das partidas tras a compra ou descarga dun xogo, pois aÃnda que as conexións domésticas á Rede sexan cada vez mellores, os xogos tamén teñen volumes de descargas moi importantes (hai tÃtulos que ocupan máis de 50 GB).
Grande catálogo de xogos
AÃnda que a Xbox One non consegue aÃnda estar á altura
da PS4 en tÃtulos exclusivos, para tÃtulos multiplataforma está a consolidarse
como a mellor plataforma para xogar, e Microsoft aproveitou a súa conferencia
da pasada noite para adiantar detalles de numerosos lanzamentos.
Entre as novidades, na conferencia ofreceron imaxes en primicia de Battlefield V, amosaron o xogo masivo
multiusuario Black Desert, detallaron
que Crackdown 3 farse esperar até
febreiro de 2019, anunciaron Cuphead: The
Delicious Last Course (primeiro DLC do aclamado Cuphead), permitiron botar unha ollada ao esperadÃsimo Cyberpunk 2077 (xogo dos creadores da
franquÃa de The Witcher), anunciaron Devil May Cry 5 (que verá a luz na
primavera de 2019 recuperando o Dante clásico
en vez da súa versión renovada en 2013), amosaron Dying Light 2 e Fallout 76,
anunciaron Forza Horizon 4 para o 2
de outubro, avanzaron que Gears 5
verá a luz en 2019 (sorprendendo a franquÃa tamén cun xogo móbil chamado Gears POP! E un xogo de estratexia por quendas,
Gears Tactics), confirmaron que Halo Infinite será a nova entrega das
aventuras do Xefe Mestre, entusiasmaron aos afeccionados aos xogos de loita con
Jump Force (xogo que mesturará a
personaxes de As Bolas Máxicas, Naruto, One Piece e outras series de animación xaponesas), confirmaron que
Xbox One terá as producións Square Enix Just
Cause 4, Kingdom Hearts III e Nier: Automata (este último nunha
edición máis completa que a lanzada en PlayStation 4), aseguraron que Ori and The Will Of The Wisps chegará en
2019 en exclusiva para Xbox One e Windows 10, insistiron en que PlayerUnknown’s Battlegrounds é un
lanzamento do que en consola teñen a primicia, deron máis detalles sobre Sea of Thieves, anunciaron que Sekiro: Shadows Die Twice sairá á venda
a primeiros de 2019, amosaron novas imaxes do esperado Shadow of the Tomb Raider, adiantaron que no inverno estrearán Tales of Vesperia: Definitive Edition
para celebrar o 10º aniversario desta serie de xogos de rol, presentaron The Awesome Adventures of Captain Spirit
(xogo de Square Enix con vencellos co reputado Life is Strange), avanzaron detalles de The Division 2 e tamén reservaron espazo para We Happy Few (tÃtulo que sairá á venda o 10 de agosto).
En definitiva, deixaron claro que os usuarios de Xbox One poden estar
tranquilos ao saber que a súa consola vai ter un bo catálogo de xogos nos
vindeiros meses, e incluso sentaron os alicerces para atraer a novos xogadores
no futuro.
VÃdeo no que recompilan moitos dos xogos de Xbox One vistos no E3