Microsoft presenta o seu xogo de karaoke

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Nos últimos días se rumoreaba que Microsoft ía presentar durante o E3 un novo xogo ao máis puro estilo do SingStar (saga de grande éxito nas consolas de Sony), e finalmente se coñecen os detalles do que será Lips, o karaoke para a Xbox 360 que se venderá con micrófonos iluminados sen fíos e sensibles ao movemento (o que suporía unha importante innovación sobre os xogos para as consolas de Sony).
Como curiosidade tamén está o feito de que permita empregar a nosa propia música para cantar conectando o Zune ou o iPod á consola de videoxogos.
Neste momento xa coñecemos a aparencia dos micrófonos de Lips (que supoñen unha agradable achega á consola de Microsoft), a carátula do xogo, imaxes do mesmo, e incluso podemos ver un vídeo promocional:

En Lips poderemos emular a Duffy cantando Mercy

PUBLICIDADE