Microsoft presenta un modelo de IA aplicado aos videoxogos
mércores, 19 de febreiro do 2025
Coincidindo coa publicación na revista Nature dun artigo sobre o uso da intelixencia artificial xenerativa para a creación de modelos de acción de humanos e mundos (WHAM), Microsoft anuncia que está a desenvolver un modelo desta categorÃa chamado Muse, adestrado con partidas do videoxogo Bleeding Edge do estudio Ninja Theory, conseguindo que o modelo entenda o mundo tridimensional do videoxogo, incluÃndo fÃsicas, e como o tÃtulo reacciona ás accións do xogador co mando, permitindo asà xerar secuencias de xogo consistentes e diversas.
Estamos ante o primeiro modelo de IA xenerativa de Microsoft deseñado para idear secuencias de xogo en vÃdeo, o que supón un importante reto, especialmente á hora de conseguir que o modelo cree contidos consistentes (que, entre outras cousas, respecten as fÃsicas), diversos (que os resultados sexan variados partindo dunha mesma orde) e persistentes (que o modelo poida incorporar modificacións do usuario nas secuencias xeradas).
Esta tecnoloxÃa pode ir moito máis aló de crear secuencias de xogo, pois poderÃa abrir a porta a novos xeitos de creación de videoxogos, aÃnda que a longo prazo o potencial poderÃa ser aÃnda maior, xa que a comprensión de mundos tamén pode aplicarse a xemelgos dixitais, facilitando asà probas e experimentos de distintos tipos.
Presentación de Muse