Microsoft presenta unha solución para incluÃr publicidade dinámica nos videoxogos
mércores, 26 de setembro do 2007
Esta semana Microsoft amosou unha nova plataforma
publicitaria en New York co gallo do congreso
anual Advertising Week ’07, de xeito que os asistentes puideron ver cómo
funciona exactamente a publicidade
integrada dinamicamente dentro dos videoxogos.
Na presentación veuse coma uns avatares se podÃan mover por un mundo tridimensional
no que en carteis se podÃan ver trailers de pelÃculas coma 300 ou anuncios de automóbiles, acadando unha sensación moi
semellante á realidade (onde a publicidade tamén se amosa en vallas) coa
vantaxe de que estes anuncios se poden cambiar en calquera momento.
Microsoft conta agora con esta tecnoloxÃa xa que mercou
a empresa que a desenvolve, Massive, en 2006, e nos vindeiros meses poderÃa
tirar proveito destas plataformas publicitarias grazas ó éxito do xogo en liña.
Os analistas estiman que na actualidade a publicidade nos xogos move uns 514
millóns de dólares, pero que coa posibilidade dunha xestión dinámica desta
canle promocional poderÃa chegarse ata os 675 millóns de dólares en 2012 só nos
EE.UU. segundo Park Associates. Non sorprende asà que Microsoft estea
procurando facerse cunha posición privilexiada nos comezos desta tecnoloxÃa que
poderÃa producir importantes achegas económicas no futuro.