Microsoft sorprende cunha renovación da súa web
luns, 18 de decembro do 2006
A páxina web principal (en inglés) de
Microsoft renovou o seu estilo nestes dÃas para adaptarse a imaxe do seu
novo sistema operativo (Windows Vista) e á plataforma web Windows Live despois
de varios meses de desenvolvemento, probas e depuracións desta nova imaxe, polo
que adaptaron o deseño.
Para a nova web tamén tiveron moi en conta ós usuarios, de xeito que está
optimizada para que se atopen de xeito doado os contidos máis consultados
habitualmente, algo realmente importante para unha web que ten que servir
centos de milleiros de páxinas a millóns de usuarios de todo o mundo.
Aparte da mera estética, o que pode sorprender a moitos é que agora o menú de
navegación da web está no lado dereito da pantalla mentres que o lado esquerdo era
a súa posición natural e tradicional, respondendo á necesidade
de Microsoft de dar maior difusión a novas e anuncios de interese.
Ademais, este só será un cambio de moitos, posto que nos seguintes meses se irán
incorporando outros produtos á oferta de Microsoft, o que afectará á web, polo
que poderiamos dicir que estamos só ante a punto da iceberg.
