Mininova fai doada a descarga remota da rede BitTorrent
xoves, 10 de xullo do 2008
O popular
rastrexador de ficheiros na rede BitTorrent, Mininova,
presentou unha nova caracterÃstica que fai moi doada a realización de descargas
no ordenador dende calquera lugar. A nova prestación consiste na
posibilidade de que os usuarios rexistrados poidan gardar
nos seus favoritos os ficheiros que
desexen descargar, de xeito que a propia web de Mininova mantén un
fluxo RSS con esta relación de ficheiros que, de introducirse nun cliente de
BitTorrent, se pode automatizar a súa descarga.
Deste xeito, un usuario pode ter centralizadas as súas descargas no ordenador
doméstico, pero poder engadilas dende o portátil, o traballo ou calquera outro
sitio con só marcalos na web de Mininova.
Ata o momento, os usuarios de BitTorrent que querÃan iniciar descargas
remotamente debÃan instalar unha interface web dende a súa aplicación software
(o que podÃa supor un problema de seguridade) o que non era a solución máis
áxil nin doada, pero mediante ficheiros RSS é moito máis doado o proceso, e
serÃa de agradecer que outras webs de descargas seguisen os pasos de Mininova
para facer a vida máis doada aos seus usuarios.

