Mininova.org estrea un servizo de difusión de contidos
mércores, 2 de xaneiro do 2008
A web de descargas na rede BitTorrent, Mininova,
deu un paso adiante na súa labor de difusión de contidos co seu servizo Content Distribution, que permite
difundir as nosas creacións dun xeito rápido e doado, de xeito que pode
chegar ós máis de 27 millóns de visitantes mensuais da web mencionada.
Con este novo servizo os usuarios que desexen facer chegar un contido á
Internet só terán que subilo unha vez á Rede (vÃa web), e logo este permanecerá
accesible a toda a comunidade, despreocupándose o creador de problemas de largo
de banda.
Para acceder a esta solución de Mininova é preciso ser o lexÃtimo dono do material
a compartir, que deberá ser de balde e non estar protexido por tecnoloxÃa DRM.
Aparece asà un bo sistema de difundir música, aplicacións informáticas, vÃdeos
musicais ou pelÃculas, válido tanto para contidos copyleft coma simplemente gratuÃtos.