Mitele Plus estrea o fútbol con moitas queixas
luns, 19 de agosto do 2019
Con
Mitele Plus abriuse un novo xeito de poder gozar de retransmisións de partidos
de fútbol dun xeito legal e sen depender dun operador de telecomunicacións en
concreto, pero agora que botou a andar a nova tempada da Liga de Fútbol Profesional
demóstrase unha vez máis que as plataformas de vÃdeo en streaming teñen
serios problemas coas grandes retransmisións en directo.
Os problemas de Mitele Plus son diversos, xa que por unha banda está a ausencia
da súa aplicacións en boa parte dos Smart TV máis populares do mercado (o que
prometen solucionar en poucos dÃas), e por outra, as condicións das
retransmisións, xa que parece que son
moitos os usuarios que experimentaron problemas para conectarse aos partidos en
directo, padeceron cortes (criticando que a experiencia era mellor con
plataformas de streaming ilegais) e tamén tiveron que aturar un retardo
moi grande nas retransmisións (aÃnda que a recepción deberÃa de adiarse pouco
máis de medio minuto, hai usuarios que comentan que chega aos 3 minutos).
Unha condición tamén moi criticada de Mitele Plus é que só é posible gozar dos
partidos en alta definición (720p) en Smart TV, mentres que ao resto de dispositivos
(navegadores e móbiles) a resolución baixa a 576p, o que está moi por debaixo
da calidade á que o público está afeito actualmente.
Espérase que nas vindeiras semanas Mitele Plus chegue a Chromecast, Amazon Fire
Stick TV, PlayStation 4, Android TV e televisores LG con webOS, polo que solucionarÃanse
boa parte das crÃticas ao servizo, quedando por comprobar se a dispoñibilidade do
servizo mellora (mentres que detalles como o retardo resultan inevitables, polo
que os usuarios que queiran evitar que os veciños radien os goles con
antelación deberÃan optar por outras tecnoloxÃas de recepción).