MoLab organiza un torneo de Rocket League na Coruña
martes, 21 de novembro do 2017
Non
conformes con celebrar un Laboratorio
de Desenvolvemento de Videoxogos o vindeiro xoves de 16:00 a 20:00 horas no
centro cÃvico Cidade Vella de A Coruña (actividade enmarcada no Laboratorio
Audiovisual de Innovación e Creación de Coruña Dixital) o colectivo Monkey Laboratory
(MoLab) está a organizar un torneo do xogo Rocket
League na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña,
na que competirán equipos de 3 xogadores, podendo os interesados inscribirse por correo electrónico.
Os interesados desta actividade farÃan ben en pasarse polo evento de Facebook
sobre o torneo, onde darán máis información sobre a actividade durante os
vindeiros dÃas, xa que a competición de videoxogos non será unha iniciativa
atómica, senón que estará acompañada por máis actividades, unha zona retro, postos de xogo libres e incluso
xogos de mesa. Toda unha invitación a xogar nunha Facultade que cada dÃa está a
demostrar un compromiso maior co sector dos videoxogos confiando no seu
potencial profesional.
- Rocket League converteuse en todo un fenómeno coa súa proposta de xogo de fútbol no que os xogadores son automóbiles a propulsión