MobuzzTV estrea un informativo xeralista

luns, 5 de novembro do 2007 Marcus Fernández

MobuzzTV ten en Dosis Diaria un dos videoblogs máis coñecidos de España, acadando tamén certa repercusión a través do seu Daily Buzz en inglés e o Le Buzz en francés, recollendo a típica información tecnolóxica que se pode ver habitualmente na Internet e que dá máis que falar en diferentes blogs, pero agora dan un salto á actualidade cun novo videoblog chamado El Noticiero, dende o que fan un informativo de tamaño reducido no que pretende ser un telediario 2.0.
Con este novo produto, MobuzzTV deixa de ser unha plataforma de novas tecnolóxicas ou relativa á Internet, e espállase á información xeral, no que parece unha aposta por ampliar a súa audiencia.