MobuzzTV estrea versión en francés
venres, 14 de setembro do 2007

- Osiris presentando Le Buzz
MobuzzTV é un dos videoblogs máis coñecidos feitos en España, e que conta
tanto cunha versión en español (Dosis
Diaria) coma en inglés (Daily Buzz),
e agora estrea a súa entrega en francés (Le
Buzz), consolidándose coma unha das canles de novas tecnolóxicas de máis
relevancia na Internet ós seus 3 anos de vida.
|
|
Agora, a Iria Gallardo e Karina Stenquist (quen deixou hai pouco a edición en inglés de MobuzzTV, facendo agora o seu traballo ás veces Anil de Mello ou Susan Hickey) se suma enérxica Osiris, que conduce a edición francesa que se agarda que aumente o público deste medio do que aÃnda non se coñece o modelo de negocio (non faltando os rumores sobre inxeccións de capital a tal interesante proxecto), aÃnda que goza de éxito de audiencia, con seguidores fieis tanto en España coma no resto do mundo.
