Modern Warfare 2 chega con todas as cartas para converterse no xogo do ano

xoves, 12 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Esta semana chegou ás tendas de todo o mundo o xogo Call of Duty: Modern Warfare 2, que xa viña coa etiqueta de xogo do ano incluso antes de xogarse, pois xa en Amazon.com é o xogo máis reservado da historia, superando á última expansión de World of Warcraft.
Pero esta creación de Infinity Ward tamén está a ser moi ben recibido nas tendas físicas, e no Reino Unido a distribuidora decidiu distribuír 3 millóns de copias do xogo de cara ao seu lanzamento, o que pode parece moi esaxerado, pero que segundo parece non foi unha decisión pouco atinada, pois estiman que durante as primeiras 24 horas o xogo vendeu 1,2 millóns de copias nas illas británicas, que sumadas ás 3,7 millóns de copias vendidas en EE.UU. e ás 350.000 unidades vendidas en Francia e Alemaña, teriamos que as vendas globais do xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC sumarían os 7 millóns de copias, superando sobradamente os 6 millóns de copias que vendeu Grand Theft Auto IV nos seus primeiros 7 días nas tendas.
Incluso estiman que só a versión de Xbox 360 do xogo superará os 5,5 millóns de unidades na primeira semana, polo que estamos claramente no principal lanzamento do ano e moi posiblemente sería o lanzamento dun produto de lecer con maior facturación de todos os tempos, superando a outros videoxogos e incluso ás películas cinematográficas. Estima que só co lanzamento en EE.UU. e Reino Unido xa superarían uns ingresos de 310 millóns de dólares en 24 horas, algo do que non coñecemos precedentes.
O éxito de vendas do xogo incluso afectou seriamente aos servidores que atenden as conexións en liña para a súa versión de PlayStation 3, e durante bastantes horas foron moita as incidencias, polo que tiveron que lanzar un parche e reforzar os servidores.
Cómpre destacar que, aínda que o xogo é só para Xbox 360, PS3 e PC, existen versión para outras plataformas (pero desenvolvidas por outros estudos, e cunhas prestacións moito máis reducidas), de xeito que os usuarios da Nintendo DS poden adquirir Modern Warfare: Mobilized (do estudo n-Space) e os da Wii poden optar por Call of Duty: Modern Warfare Reflex Edition (de Treyarch).

As vendas iniciais do xogo foron extraordinarias