Modern Warfare 2 recada 550 millóns de dólares en 5 días
mércores, 18 de novembro do 2009
A última entrega da saga de Call of Duty, coñecida coma Modern Warfare 2, está a confirmar a súa
boa aceptación por parte do público, de xeito que en España tería vendido na
súa primeira semana 123.000 copias, converténdose no título con mellores vendas
rexistradas ata o momento nos primeiros días no mercado, superando ás entregas
de FIFA ou do GTA, o que aínda resulta máis impresionante a nivel mundial,
confirmando Activision que conseguiu unhas vendas globais de 550 millóns de
dólares nos seus 5 primeiros días á venda, superando os resultados non só doutros
videoxogos, senón tamén de libros e películas cinematográficas.
Para situar estes datos en perspectiva dende a distribuidora do xogo lembrar
que durante a película Harry Potter y el
misterio del príncipe fixo unha taquilla
de 394 millóns de dólares nos seus 5 primeiros días e Grand Theft Auto IV vendeu nese tempo 6 millóns de unidades e
facturou uns 500 millóns de dólares.
O éxito de Modern Warfare 2 tamén
tivo repercusións en Xbox LIVE, plataforma de xogo en liña que rexistrou a máis
de 5,2 millóns de usuarios no modo multixogador o día do lanzamento do xogo.