Modifican Donkey Kong para que sexa Pauline quen teña que salvar a Mario
luns, 11 de marzo do 2013
O desenvolvedor de videoxogos Mike Mika, ao ver a decepción
na cara da súa filla de 3 anos ao non poder controlar o personaxe feminino do
clásico xogo Donkey Kong¸ púxose mans
á obra, e collendo a ROM do xogo para a consola Nintendo conseguiu
mudar os gráficos para facer que fose Pauline quen tivese que rescatar a Mario
das garras dun gorila xigante. Para ese traballo Mika tivo que adaptar tanto
gráficos como paleta de cores, ata conseguir un obxectivo digno de admiración.
Non é a primeira vez que fai algo semellante, pois o ano pasado tamén modificou
o xogo The Legend of Zelda: The Wind
Waker transformando a Link nunha rapaza e editando a editou a man os
diálogos do xogo para mudar as referencias sexuais.
En ambos casos o resultado pode descargarse a través da Internet e gozarse en
emuladores, aÃnda que para facernos unha idea da última creación de Mike Mika
podemos ver o seguinte vÃdeo coa Pauline
Edition de Donkey Kong:
