Modifican o último xogo de Tomb Raider para ver a Lara Croft en topless
mércores, 11 de xullo do 2007
A última entrega do xogo
de Tomb Raider que celebra o 10 aniversario da saga parece querer continuar
fiel a vellos costumes, e asà vén de aparecer un parche
que modifica o xogo para amosar á protagonista, Lara Croft, parcialmente espida,
ou sexa, en topless, o que se
conseguiu sinxelamente substituÃndo as texturas gráficas que se proxectan sobre
a superficie tridimensional do personaxe virtual.
Este tipo de modificacións en xogos vén a ser moi habitual, aÃnda que hai que
recoñecer que o seu interese non vai máis aló do de ser unha curiosidade (lembremos
que estamos a falar dunha moza virtual) pero os fabricantes do xogo sempre
insisten nestes casos no feito de que estas alteracións dos seus xogos non son
oficiais (pois poderÃa afectar á cualificación por idades dos mesmos).
