Modifican un vello xogo dos Simpson para convertelo nun de Futurama
luns, 20 de outubro do 2025
Un novo mod está a revolucionar a nostalxia dos videoxogos, Futurama: Hit & Run, ao transformar completamente o clásico The Simpsons: Hit & Run para situar a acción no universo da serie creada por Matt Groening no ano 1999. A versión de demostración, dispoñible de balde, require unha copia do xogo orixinal para PC e xa captou a atención do seu deseñador principal, Joe McGinn, quen en YouTube comentou que «como deseñador principal de Hit & Run, isto é incriblemente reconfortante e divertido de ver».
Nesta nova versión, o xogador encarna a Fry e pode realizar misións para personaxes como Bender, o profesor Farnsworth ou o doutor Zoidberg. Tamén hai condución, con Fry pilotando un coche voador polos barrios de Nova Nova York.
Unha das misións máis destacadas consiste en escoltar a Bender ata as oficinas de Planet Express mentres se evita a policÃa.
A demo ofrece catro misións principais, carreiras urbanas, vehÃculos, traxes e múltiples segredos escondidos. Por agora, o equipo desenvolvedor emprega diálogos xerados con intelixencia artificial como substituto provisional, pero anunciaron que actores profesionais gravarán as voces definitivas para unha futura actualización.
O proxecto chega nun momento de forte interese pola recuperación de The Simpsons: Hit & Run, cuxos seguidores levan anos pedindo un remake oficial. Un intento previo de recrealo con Unreal Engine 5 non puido ofrecerse publicamente polos evidentes problemas co copyright.
Tráiler do mod de The Simpsons: Hit & Run
