MotoGP2 ou como poñernos na pel dos mellores pilotos

venres, 16 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

FX Interactive segue a poñer no mercado produtos a bo prezo e accesibles para o común dos seareiros dos videoxogos. Desta volta, é a quenda dos afeccionados ó motociclismo, que teñen en MotoGP 2 a opción de pilotar de xeito virtual e de facer sobre dúas rodas virtuais todo o que nas reais non lles está permitido (e menos mal). O xogo vén con 16 circuítos (Jerez, Montmeló, Suzuka, Assen, Le Mans) e ofrécenos a posibilidade de pórnos na pel de Rossi, Chea ou Capirossi, entre outros pilotos. Tamén estaremos en disposición de tunear a moto, de xogar en liña ou mesmo de afacernos a distintos estilos de condución. O xogo preséntase en DVD con manuais e pistas en cor e adhesivos.

PUBLICIDADE