Movemento en liña para loitar contra os excrementos en Vilagarcía
xoves, 30 de abril do 2009

- La Voz de Galicia recolleou a un can defecando no parque infantil minutos despois da protesta veciñal. O dono non recolleu o regaliño que deixou a súa mascota.
Os veciños de Vilagarcía de Arousa, fartos de ver como os seus
fillos e fillas deben sortear feces de animais
cada vez que van a xogar aos parques e a outras zonas transitadas do
pobo para evitar pisar (ou o que sería peor, caer) sobre elas e levar para as súas
casas un regaliño máis ben noxento, veñen de crear un espazo propio na Rede,
dende o cal levar a cabo a súa protesta por todo o país.
O sitio, mejoratuparque.es,
nace para, segundo a portavoz do colectivo Conchi Marcos, “recoller ideas, xerar debate e plantexar propostas e reclamacións sobre
os espazos públicos”, uns espazos que, lonxe de ser agradables para
pertencer a unha vila mariña con sona en toda Galicia, semellan máis ben ser un
expositor de excrementos caninos que os seus donos nunca se preocuparon de
recoller.
A páxina, que aínda está “en
obras”, tamén tocará outros temas que preocupan aos veciños e veciñas da
vila, tales como a carencia de seguridade no parque da Xunqueira, ou a falta de
chans de caucho “máis hixiénicos”
para que os cativos poidan xogar tranquilos e seguros (ou para que, no caso de
non gañar a batalla contra os excrementos, a lo menos se poidan distinguir no
chan, pois cando se mesturan coa area “o
contacto coas deposicións faise máis doado”, palabras dos veciños).
|

