Movistar estrea unha aplicación de Fortnite

xoves, 8 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Os clientes de Movistar Fusión que conten cun descodificador UHD poden acceder a unha nova living app dedicada ao videoxogo Fortnite, dende a que coñecer detalles sobre o grande éxito de Epic Games e acceder a contidos sobre o xogo da man de gamers experimentados. A aplicación inclúe vídeos que permite descubrir mitos e verdades sobre Fortnite, coñecer mellor o seu modo creativo e incluso acceder ás preguntas e consultas da comunidade que ofrece o madrileño Gladoop a través das redes sociais.
Dentro da aplicación podemos atopar a sección Mitos en Fortnite, que recolle a serie de Davidpkami, quen comproba, explora e demostra diferentes mitos, verdades ou mentiras relacionadas co xogo, facilitando o acceso a todos os episodios dispoñibles. Tamén ten a opción No queda Slurp, cun novo programa semanal no que Gladoop analiza os fails máis grandes que a comunidade comparte nas redes sociais e en Fiebre Creativa recóllense vídeos con detalles dos distintos modos de xogo da man de Hiper.
A living app de Fortnite é compatible con Aura, ou sexa, que os usuarios poden premer o botón do asistente virtual de Movistar e dicir «abre Fortnite» para acceder axilmente a esta aplicación que achega contidos de interese para os amantes de Fortnite.

Vídeo de presentación da living app de Fortnite

PUBLICIDADE