Movistar mellora as condicións da súa fibra por todo o fogar
mércores, 4 de febreiro do 2026
Movistar leva un tempo ofrecendo o seu servizo de fibra óptica «en todos os recunchos do fogar» coñecido como FTTR, que ten actualmente un custo de 10 euros/mes e cunha instalación que supón un cargo de 120 euros, o que vai mudar a semana que vén, cando a Fibra FTTR Movistar mudará as súas condicións mellorando o seu atractivo.
O servizo non só eliminará a súa cota de instalación, senón que o pagamento da mensualidade quedará limitado a 48 meses, ou sexa, que tras 4 anos pagando Fibra FTTR Movistar non será preciso continuar a pagar a mellora na infraestrutura de rede do fogar.
Para os usuarios que non queiran atarse a un servizo de subscrición tamén será posible realizar un pagamento único de 535 euros pagar asà gozar dunha instalación dun fino fÃo óptico que achega a máxima velocidade da conexión de Internet en todo o fogar con impacto visual practicamente imperceptible (a instalación realÃzase a través dos rodapés, marcos de portas e teitos buscando evitar obra e resultando case invisible á vista).
