Movistar ofrecerá por 3G a canle DIGITAL+ móvil

mércores, 1 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Telefónica chegou a un acordo con Sogecable para que Movistar comece a emitir no outono para os seus clientes de conexións 3G a través de Emoción a canle DIGITAL+ móvil que incluirá canles coma CANAL+ móvil, Cuatro móvil, Jetix, CANAL+ DCine móvil, CNN+, CANAL+ Fútbol móvil, Cuatro Series, Playboy TV, CANAL+ Comedia móvil, Cartoon Network, CANAL+ Eventos móvil, Caza y Pesca e Gran Hermano.
Esta canle dixital para móbiles xa se podía seguir dende Vodafone e Orange, polo que coa incorporación de Movistar completa o seu público potencial, e os usuarios que queiran acceder aos seus contidos deben abonarse por 6 euros + IVE ao mes.
A televisión no móbil a través de redes 3G aínda non é moi popular en España, aínda que se agarda que o futuro desta canle de difusión sexa a través da TDT móbil baixo o estándar DVB-H, do que aínda non hai datas de lanzamento oficial en España pese a que xa se comercializan terminais capaces de recibir o seu sinal.